Skip to main content
Vilalba

A Xunta aproba a ampliación do comedor da Escola de Educación Infantil de Vilalba

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

Benefícianse do servizo 67 alumnos, case un 50% máis dos autorizados inicialmente.

A Xunta de Galicia incrementará nun 20% a achega ao Concello de Vilalba para cofinanciar o servizo de comedor escolar da Escola de Educación Infantil (EEI) deste municipio lucense. O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal á addenda do convenio asinado para este fin, cuxo orzamento total se eleva agora a 26.237,2 euros.

Benefícianse do servizo 67 alumnos, case un 50% máis dos autorizados inicialmente, en concreto 22 máis. Esta addenda inclúe, ao igual que o resto dos acordos renovados este ano con entidades municipais para este fin, a suba dun 10% a achega para facer fronte á inflación, na liña do incremento realizado tamén nos comedores xestionados pola Consellería.

O Goberno galego destina máis de 1,3M€ para cofinanciar este servizo en 50 centros de con 4.707 usuarios. En concreto colabóranse con 15 concellos, os de Ames, Barreiros, Betanzos, Cangas, Ferrol, Lugo, Manzaneda, Meaño, Mugardos, Muíños, Oroso, Sada, Santiago de Compostela.

Pola súa banda, os devanditos concellos comprométense á elaboración dos menús escolares, á repartición e recollida destes, así como ao coidado e á asistencia do alumnado durante as comidas. De acordo coa estratexia de fomento dos hábitos alimentarios saudables que mantén a Consellería, os menús deberán ser equilibrados.

Ademais, programaranse actividades de promoción da saúde, hábitos alimenticios e habilidades persoais.