Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros busca colaboración veciñal para o seu calendario anual

Por 4 Decembro, 2023Decembro 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros quere agasallar á veciñanza co seu calendario anual para o que busca a colaboración veciñal. Este almanaque estará a disposición dos veciños nas oficinas municipais unha vez impreso.

Así, a temática deste ano será sobre as vivencias escolares polo que piden axuda aos veciños para recompilar estas fotografías. “Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que as lembranzas se perdan na memoria esquecida”, din dende o Concello.

Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto con Concello polas redes sociais ou nas oficinas municipais.

No 2021 o calendario estivo dedicado ao 25 aniversario dos tradicionais Xigantes e Cabezudos, polo que estes foron os protagonistas xunto con moitas imaxes do Entroido barreirense.