Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros oferta clases de baile a partir de xaneiro 2024

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros oferta clases de baile dentro das súas actividades a partir de xaneiro 2024.

Estas serán os mércores de 17.00 a 18.00 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etc.

As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 25 euros o mes, comezando o 10 de xaneiro e rematando o 26 de xuño.

Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.

A ficha de inscrición pódese descargar aquí ou ben recollerese nas oficinas do Concello no momento da inscrición.