Skip to main content
Cervo

A casa da cultura de Cervo acolle a mostra fotográfica de Anxo Cao, ‘Azores Somerxida’

Por 3 Decembro, 2023Sin comentarios

A casa da cultura acolle durante ata o 8 de decembro a impresionantes mostra fotográfica de Anxo Cao, Azores Somerxida.

Esta obra está composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do noso Concello.

A inauguración da mostra será o próximo venres 8 de decembro e contará cunha charla do propio autor no auditorio da casa da cultura ás 19.00 horas.

As persoas asistentes poderán coñecer de preto o transfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.