Skip to main content
Cervo

Cervo quere elaborar un ano máis o seu Belén de plastilina

Por 4 Decembro, 2023Decembro 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo e con motivo da época de Nadal pide a colaboración da veciñanza máis pequena para elaborar un novo Belén de plastilina.

Esta cita de obradoiro manual será o xoves 7 de decembro na casa do Concello de Cervo ás 12.00 horas e tamén na casa da cultura de San Cibrao ás 18.00 horas.

Os participantes encargaranse de compoñer un Belén confeccionado con todas esas pezas de plastilina.