Skip to main content
Cervo

San Cibrao acolleu a comida de confraternización da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou na comida de confraternización da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras que se celebrou en San Cibrao e na que o representante autonómico quixo poñer en valor a importante labor que desenvolven este tipo de colectivos na dinamización sociocultural da súa contorna, poñendo ademais en valor o papel feminino nun conxunto de actuacións que contribúen a fixar poboación no rural.

O titular da Mar sinalou que asociacións como a das Espalladoras aportan vida e cohesión aos seus veciños coa organización de actividades que van desde representacións teatrais á celebración de festas tradicionais como o Entroido ou vinculadas a actividades como a malla, tamén agora ligadas ao próximo Nadal e mesmo viaxes para coñecer outros lugares de Galicia.

Para Alfonso Villares son a proba de do importante traballo que desde sempre levan desenvolvendo as mulleres galegas no mundo agrario e pesqueiro co gran obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños.