Skip to main content
Cervo

Volve o programa Cervo Concilia polo Nadal

Por 5 Decembro, 2023Decembro 6th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa Cervo Concilia, que dará comezo o venres 22 de decembro e rematará o 5 de xaneira, incluído.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario será de 8.30 horas ata as 14.30 horas.

As inscricións poñeranse disposición das familias na casa da cultura de San Cibrao e na Casa do Concello e o prazo para anotarse remata o 15 de decembro.