Skip to main content
Cervo

O Concello cervense comezou as melloras das arterias de comunicación do núcleo de Cervo

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora das arterias de comunicación do núcleo de Cervo.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, supervisaron os traballos que se acometen estes días na avenida de Galicia e na rúa Xosé María Cao (no tramo avenida de Galicia-Centro de Saúde), cuxo ámbito de actuación supera os 7000 m2 co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nesta zona tan transitada.

Tal e como explicou a alcaldesa, “a obra supón un orzamento que supera os 200.000 euros -212.134,78 euros concretamente- procedentes de fondos propios do remanente de tesourería” e suporá unha mellora do firme, da accesibilidade e tamén da rede de saneamento, en varios tramos da zona.

Os traballos consistirán pois na renovación do firme, mellorando as condicións para a circulación rodada, na renovación da sinalización horizontal e do mobiliario urbano; e tamén se procederá a facer unha distición do tráfico rodado e do peonil ante o edificio municipal do GES e da Policía Local mediante a execución de beirarrúas. Así mesmo, tamén se vai eliminar parcialmente a isleta central existente na avenida de Galicia para posibilitar o cruce dos vehículos que circulen en sentido descendente pola avenida cara a rúa do Vilar, coa correspondente renovación da rede de saneamento nesa zona.

Caramés precisou que con esta actuación incidimos tamén no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo; “co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza”.