Skip to main content
Cervo

A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará unha festa de Noiteboa infantil

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

A ACR Fervenza de Sargadelos celebra unha festa de noiteboa infantil o vindeiro domingo 24 de decembro ás 16.30 horas. Esta cita festiva será na praza do Souto.

Así, a tarde comezará con xogos populares e tradicionais da man de AGXPT, seguirá ás 18.00 horas con Olga Abad e os seus monicreques e contos.

A partir das 19.00 horas haberá unha chocolatada, seguida da visita de Papá Noel e de sorteos e agasallados.