Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo entregou os premios do concurso de Tapas

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

O salón de plenos do Concello de Mondoñedo acolleu a entrega de premios do XVI Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo no que participaron oito locais de hostalería da cidade episcopal.

O concurso, que tivo lugar, na fin de semana do 24, 25 e 26 de novembro, tivo unha grande aceptación e contou con numerosas persoas participantes que, a través do seu voto, elixiron á terna de tapas gañadoras.

O resultado do xurado popular designou como gañador á Taberna de Galiana coa tapa A Venadita. O segundo foi para Vinoteca O Petisco coa tapa Ponme Una Copa, e o terceiro para Bodegón A Catedral coa tapa Eche O Que Hai.

Fixo entrega dos premios Mª Patricia Otero Doural, concelleira de Turismo e Camiño Norte.

O Concello quere agradecer a participación rexistrada, tanto da hostalería local como de asistentes, neste habitual concurso que ten lugar en Mondoñedo nos finais de novembro.