Skip to main content
Mondoñedo

O VIII Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’ xa entregou os premios aos gañadores

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

Veñen de entregarse os premios do VIII Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’, que recaeron en José Luís Basanta co primeiro premio, en Miguel Rubal Oubiña co segundo premio e en Beatriz Loureiro Neira como terceiro premio.

A entrega de premios tivo lugar na Oficina de Turismo e estivo presidida polo alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, acompañado polo concelleiro de Cultura, Alberto García Fernández, e pola concelleira de Turismo, Mª Patricia Otero Doural.

No mesmo acto presentouse tamén o calendario do Concello para o ano 2024 que recolle as fotos gañadoras así como outras 10 máis procedentes do concurso de fotografía. Os calendarios poderán recollerse na Oficina de Turismo a partir do día 2 de xaneiro do 2024.

Dende o Concello quérese agradecer a participación cidadá nesta iniciativa para sacar adiante un ano máis este calendario que xa forma parte da tradición mindoniense nestas datas de Nadal.