Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada organiza un campamento infantil durante as datas de Nadal

Por 11 Decembro, 2023Decembro 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza un campamento infantil durante as datas de Nadal e que será dende o martes 26 de decembro ata o venres 5 de xaneiro, coa finalidade de contribuír e facer máis doado a conciliación da vida familiar e laboral.

A programación será polas mañás, en horario de 10 a 14 horas, e comezará o 26 co obradoiro de manualidades ‘Adornos do Nadal’, o 27 será o de ‘Carta aos Reis Magos’, o xoves 28 será a quenda de ‘Bola especial de Nadal’, o día 29 haberá cine de Nadal con ‘Navidad en la graja’ e unha festa de Fin de ano.

Xa en xaneiro o martes 2 volverán os obradoiros co de cociña ‘Brocheta navideña’, o mércores 3 o de ‘Casiñas de refugallos de Nadal’, o xoves 4 farase a actividade interxeracional cos maiores ‘Xogos de Nadal’, e o venres 5 haberá un contacontos infantil e actividades.

Todos los días agás o venres 29 de decembro haberá a maiores xogos variados para todos os participantes.

Para participar será necesario ter entres 3 e 12 anos e facer a previa inscrición nas oficinas municipais dende o 11 ata o 20 decembro.

A alcaldesa destaca a importancia deste campamento, coa finalidade de unha vez máis, de “contribuír a conciliar a vida familiar e laboral así como achegar a os veciños do noso Concello unha oferta cultural”.