Skip to main content
Viveiro

O Goberno de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do Municipio, que “segue igual a pesar das promesas da Xunta”.

Antes da concentración convocada diante do centro o pasado domingo 19 de novembro, a Xunta de Galicia anunciou a través da prensa que cubriría este ano as vacantes de persoal. Estas vacantes ocasionaran unha situación que no seu momento o Concello calificou de “moi grave e insostible”.

Porén, dende o Goberno local sinalan que ata o momento, non cambiou nada, poñendo como exemplo que na tarde de hoxe non vai estar traballando ningún dos facultativos que están no centro no turno de tarde.

Ademais, a Plataforma en la Defensa de la Sanidad Pública de A Mariña, entidade convocante das manifestacións, denunciou a semana pasada que as citas para algúns médicos estaban bloqueadas ata xaneiro, por mor da falta de persoal.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, denuncia que “a saúde dos nosos veciños e veciñas está en risco”, e os anima a “seguir poñendo reclamacións e a seguir participando nas mobilizacións”. A última concentración realizada en Viveiro reuníu en torno a 3.000 persoas.

Por outra banda, a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez reafirmou a esixencia “de que a Xunta de Galicia faga algo de xeito urxente, hai cousas que non poden agardar”. “A cidadanía de Viveiro e da Mariña merecen unha sanidade pública e de calidade”, engade.