Skip to main content
Viveiro

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana asina un acordo para a construción de 3 vivendas en Viveiro

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana ou Mivau, formalizou un acordos coa Comunidade Autónoma de Galicia par a construción de vivendas de promoción pública.

O acordo recolle a axuda para a construción de tres vivendas en réxime de promoción pública polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), en Viveiro.

A través deste plan de axudas, Mivau pretende financiar o incremento do parque público de vivendas destinadas ao alugueiro social ou a prezo alcanzable, mediante promocións de obra nova sobre terreos de titularidade pública. Estas vivendas formarán parte do parque público durante un período mínimo de 50 anos e o seu consumo de enerxía primaria non renovable deberá ser inferior nun 20% como mínimo aos requisitos esixidos no Código Técnico de Edificación.

Para este programa, dotado con 1.000 millóns de euros, transferiuse á Comunidade Autónoma de Galicia 29,2 millóns de euros no ano 2022, e formalizouse o compromiso financeiro con cargo á anualidade do ano 2023 polo mesmo importe, transferíndose ata a data 9,5 millóns de euros. A axuda que se achega é de ata 700 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda cun máximo de 50.000 euros por vivenda.