Skip to main content
Viveiro

Aberto o prazo para anotarse na Cabalgata de Reis 2024 de Viveiro

Por 24 Decembro, 2023Decembro 25th, 2023Sin comentarios

A Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños co obxectivo de regular a súa participación como figurantes na Cabalgata de Reis 2024, que se celebrará o venres 5 de xaneiro.

Poden participar todos os nenos que, na data 1 de xaneiro de 2022 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos e haberá un total de 40 prazas para ir nas carrozas.

O período de inscrición será os días e 26, 27 e 28 de decembro de 9 a 14 horas, e a folla de inscrición facilitarase no Teatro Pastor Díaz ou por correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.

Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas as a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para que participen nela. E unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou novas necesidades. 

Se unha persoa das admitidas, por razóns persoais, non puidera participar na Cabalgata, deberá comunicar ao Concello con anterioridade ao día 4 de xaneiro a súa baixa para ser substituída pola persoa que por rigorosa orde de inscrición conforme a primeira praza da reserva, e así sucesivamente, por orde correlativa. 

A organización lembra que haberá que vestir unicamente con leggins negros, calzado escuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro, e que o vestiario será facilitado polo Concello de maneira de préstamo gratuíto.