Skip to main content
Viveiro

Eduardo de Martís presenta o seu primeiro libro fotográfico Galicia Latente no Conservatorio de Música de Viveiro

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

Eduardo de Martís presenta o seu primeiro libro fotográfico Galicia Latente o vindeiro venres, 29 de decembro ás 20.0o horas no Conservatorio de Música de Viveiro, baixo a organización de África Copias e coa colaboración especial de Prato-Do.

Alí, o autor estará acompañado de persoas que son motores da nosa cultura local: David  Bellas (gaiteiro e profesor do Conservatorio de Viveiro), Maricarmen Chipe (Presidenta da Asociación Cultural Bágoas da Terra), Bernado Penabade (profesor e promotor de  Proxectoneo) e Capitán Pino (Capitán de pesca).

O acto comezará cunha exposición das imaxes máis icónicas do libro e continuará coa  presentación do traballo ó son da gaita de David Bellas. Trala intervención do propio  autor e do resto de convidados, haberá un tempo de coloquio e a posterior sinatura de  libros.

Galicia Latente recolle máis de 233 fotografías introducidas por un texto do antropólogo  Rafael Quintía e un pequeno prólogo do propio autor. Para construír este retrato da Galiza  actual e de vangarda, Eduardo de Martís percorreu máis de 140 puntos da xeografía galega  durante os últimos tres anos, dende O Courel ata Vigo, dende Muxía ata Viana do Bolo,  en conversa coa xente para construír a nosa historia e dar a coñecer o noso potencial como  pobo.