Skip to main content
Xove

Rematada a obra de mellora da contorna do centro cívico de Xove

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O Goberno local informou de que xa están rematadas as obras de mellora e seguridade na contorna do parque e o centro cívico. Estas tarefas consistiron na peonalización da rúa que une ambos espazos para así “mellorar a seguridade na zona pois durante o verán é unha zona moi concorrida polos nenos”, dixo o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

Os traballos foron adxudicados a finais de verán por un importe de 152.000 euros e incluíron tamén a creación de novas prazas de aparcadoiro fronte o Camiño Real e detrás do pavillón, o que fixo que se perderan entre 18 e 20 prazas xusto fronte ao centro cívico.

Nesta zona tamén se localiza a casa do Concello, a piscina, as oficinas municipais e o salón de actos polo que “gañamos en seguridade”, si Salgueiro, “xogan no parque ou na praza e pódese escapar algún balón e que ocorra algún accidente, por iso decidimos acometer esta mellora”.

No inicio da rúa colocáronse uns pivotes retráctiles para que se poidan subir e baixar cando sexa necesario o acceso como nos días de mercado, emerxencias ou o propio servizo so concello.