Skip to main content
Xove

Volve o Belén dos veciños da Rigueira, en Xove

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

Os veciños da Rigueira, no concello de Xove, inauguraron o pasado domingo 10 de decembro o seu tradicional Belén.

Este nacemento poderá visitarse os sábados, domingos e festivos de 16.00 a 19.00 horas e noiteboa e fin de ano de 16.00 a 18.00 horas ata o 8 de xaneiro.

Para poder visitalo fóra deste horario haberá que poñerse en contacto con Pablo 687 627 564, Lisardo 627 912 401 ou Isabel no 647 224 463.