Skip to main content
Xove

O Concello de Xove oferta un curso de socorrismo acuático en espazos naturais

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove oferta un curso de socorrismo acuático en espazos naturais e que dispón de 15 prazas libres.

Trátase dun curso con certificado de profesionalidade co cal se podería acceder a traballos de socorrista, por poñer un exemplo, nas praias durante o verán, de aí que sexa moi interesante.

Para aquelas persoas que queiran inscribirse, o poderán facer chamando ao Concello 982 592 001 e preguntando por Rosa Lage. A selección de alumnado farase o mércores 27 de decembro ás 11.00 horas na aula de formación.

Para inscribirse hai que ter a ESO ou un nivel superior e a inscrición é gratuíta. O curso durará dende o 10 de xaneiro ata o 15 de maio, e vaise desenvolver na aula de formación do Concello diariamente de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas.