Skip to main content
Xove

Aberta a inscrición para o concurso de Karaoke de Xove

Por 18 Decembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

Dentro do Programa de Nadal deste ano, unha das súas actividades estrela será como sempre o Concurso de Karaoke que este ano celebra a súa XI edición o venres 29 de decembro no pavillón municipal de deportes.

Este concurso presenta tres categorías: Peques para menores de 12 anos; Júnior de 12 anos ou máis e menores de 18; Veteranos para maiores de 18 anos.

As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén pódese enviar toda esta documentación por email (bases, ficha de inscrición e relación de cancións), se así o solicitan no Concello.

A inscrición neste concurso é de carácter totalmente gratuíta e xa está aberta. Pódese facer de varias maneiras, ben presencialmente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 28 de decembro aínda que tamén o estará o mesmo día do concurso en horario de 17.00 a 19.00 horas no pavillón municipal.