Skip to main content
Xove

O Concello de Xove aproba o orzamentos do 2024 que ascenden a 8.3 millóns de euros

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove vén de aprobar, con 7 votos a favor do PP, 3 abstencións do BNG e 1 voto en contra do PSOE , os orzamentos para o vindeiro ano 2024 e que ascenden a 8.300.000 euros.

Con relación ao orzamento de 2023, último orzamento aprobado, o de 2024 supón un incremento do 7,24% tanto no estado de gastos coma no de ingresos.

O estado de ingresos supón un incremento idéntico de 560.000,00 euros e os créditos de gastos por operacións correntes importan un total de 7.500.120, euros.

Nos ingresos, as previsións que se teñen en conta son as tarifas establecidas nas distintas ordenanzas e outros ingresos diversos e ascenden a un total de 8.033.200 euros e distribuídos en impostos directos, 3.940.000 euros; impostos indirectos, 1.620.000 euros; taxas e outros ingresos, 579.000 euros; transferencias correntes, 1.673.500 euros; e ingresos patrimoniais, 220.700 euros.

No capítulo de gastos repártense en persoal, 3.621.000 supón o 43,63% do total; bens correntes e servizos, que se elevan a 3.356.820 euros e supón o 40,44% do total; gastos financeiros, 2.600 euros e é o 0,03% do total,;e as transferencias correntes en concepto de premios, axudas, subvencións ás, asociacións, clubs deportivos, outras administracións, etc., que se cuantifican en 519.700 euros, o cal supón o 6,26% do total.

O capítulo de inversións reais é de 799.880 euros, superior ao de 2023 en 100.410 euros. Nel destaca as aportacións externas como a da Deputación e o Plan Único para a obra de acondicionamento e mellora de diversos viais e por importe de 198.000euros; a aportación do Fondo de Compensación Ambiental para a obra de restauración da Fonte da Aldea en Villapol, por importe de 15.000 euros; a aportación da AGADER, por 20.000 euros de anualidade para 2024 para o financiamento parcial da obra de acondicionamento do vial de acceso ao Alto de Lago.