Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

Diversas actividades de Nadal encherán Bóveda este mes de decembro e principios de xaneiro

Por 4 Decembro, 2023Decembro 5th, 2023Sin comentarios

O Centro Sociocultural de Bóveda acolle diferentes actividades durante este mes de decembro e principios do de xaneiro con motivo do Nadal.

Así, o vindeiro 21 de decembro terá lugar o Festival de Nadal no Ceip Rosalía de Castro a partir das 11.30 horas, mentres que o día 22 será a quenda do VI Encontro de Corais, no que participarán a Coral Municipal de Bóveda e a Coral Polifónica de Guntín ás 20.00 horas.

Por outra banda, do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro haberá no Concello unha ocioteca infantil de nadal en horario de 09.00 a 14.00 horas para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.

Máis actividades

Xa o 27 de decembro celebrarase un espectáculo de monicreques fantoches Baj ás 17.00 horas baixo o nome de ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’, mentres que o 29 de decembro terá lugar ‘Mudanzas’, unha obra de comedia para todos os públicos do Grupo Ubú Teatro de Lugo.

O 3 de xaneiro, pola súa parte, terá lugar un contacontos familiar baixo o nome de ‘Un saco de Contos’, de Ánxeles Goás, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística; e o 5 as Súas Maxestades os Reis Magos visitarán o centro sociocultural de Bóveda en horario de 16.00 a 17.00 horas.