Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres

Por 30 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol programa para os días 8 e 10 de xaneiro de 2024 un curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas. Será no edificio multiusos e en horario de 16.00 a 20.00.

Está dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. E é totalmente gratuíta..

As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 982 559 109 e este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.