Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

O centro sociocultural de Barreiros acolle ata o 9 de xaneiro a exposición fotográfica Express-Arte

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

O centro sociocultural acolle nestes momentos e ata o 9 de xaneiro a exposición fotográfica Express-Arte. Trátase dunha exposición fotográfica que amosa unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte, que foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade ao amparo do programa de actividades que oferta aos concellos. Pode visitarse de luns a venres en horario de 10 a 15 horas ou en calquera das actividades que teñen lugar en dito centro.