Skip to main content
Becerreá

O Concello de Becerreá renova os puntos de luz das parroquias con tecnoloxía led

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Becerreá segue cos proxectos de eficiencia enerxética coa renovación do alumeado público en diferentes parroquias do municipio.

“Este cambio de lámpadas farase por luminarias led, nas aldeas de: Bullán, Cascallá, Eixibrón, Lagua, Ousón, Todón, Tucende, etc”, din dende o equipo de Goberno.

Entre as obras que se realizaran están a da colocación de novas luminarias, a restitución de condutores ou a instalación de novos cadros de control así como calquera outra acción que poida ser necesaria para a mellora do servizo.

Todo isto supón a redución da contaminación lumínica, así como unha importante redución dos custos enerxéticos, ademais de mellorar a calidade do propio servizo de iluminación.

Así, seguirán renovándose pouco a pouco os puntos de luz existentes na zona rural e ampliaranse onde sexa necesario para que todos os veciños poidan beneficiarse destas melloras e extensións no alumeado público.