Skip to main content
Lugo

Manuel Campo Vidal clausura o curso sobre Espacialista en Territorio Rural Intelixente

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

Ofrecei a conferencia ‘A Esperanza de Recuperar a España Rural’, que ofreceu o xornalista e doutor en Socioloxía como colofón do curso, promovido pola institución para proporcionar aos axentes económicos e sociais máis ferramentas para fixar poboación no territorio.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este xoves a conferencia A Esperanza de Recuperar a España Rural, que ofreceu no Salón de Actos o xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal como colofón do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, promovido pola institución provincial para proporcionar aos axentes económicos e sociais da provincia máis coñecementos e ferramentas para dinamizar o territorio e fixar poboación.

José Tomé subliñou que con esta iniciativa a Deputación de Lugo volve a demostrar a súa capacidade para loitar “con feitos” polo futuro do rural, dotándoo de máis servizos e actividade económica. Desta forma, incidiu, “fronte ás declaracións baleiras de contido de quen prometía lexislaturas do rural, dende a Deputación de Lugo traballamos polo rural sempre. Centramos os nosos esforzos cada día en acercar os servizos públicos aos veciños e en fomentar a actividade económica e o emprego, contando cos concellos, co tecido produtivo e coa Universidade, porque estes, e non outros, son os factores esenciais para que a xente se quede a vivir nas aldeas, nos pobos e nas vilas: Servizos públicos e emprego”.

Froito dese compromiso é a organización do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, da cátedra sobre reto demográfico que preside Campo Vidal, ó único desta temática que existe na actualidade na oferta educativa.

A acción formativa cubriu as 75 prazas dispoñibles e abordou dende mediados de novembro materias como organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación, facilitando “o acceso de empregados públicos, axentes sociais e público en xeral a contidos e reflexións pensadas dende coñecemento e deseñadas para ter un impacto práctico concreto sobre o terreo”, explicou o Presidente da Deputación.

O mandatario provincial agradeceu a Campo Vidal o seu interese “polo desenvolvemento do rural e o seu papel como altofalante desa España con menor densidade de poboación que non sempre chega ás noticias e, cando o fai, non chega co ton positivo que convén, tanto á súa realidade, como ás súas posibilidades”.

Este curso tivo unha duración de 20 horas, distribuídas na xornada presencial que impartiu esta tarde Manuel Campo Vidal na Deputación, e clases en liña. Contou con 9 bloques temáticos, entre eles, as claves da transformación dixital, o equilibrio territorial ou o turismo rural como factor de desenvolvemento.

Recepción no Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu pola mañá na Casa Consistorial ao xornalista Manuel Campo Vidal. A rexedora e o histórico escritor e sociólogo conversaron durante preto dunha hora, período no  que trataron diversos temas de actualidade. Entre os asuntos abordados destaca o despoboamento, xa que o xornalista oscense imparte este xoves unha conferencia na Deputación provincial na que, baixo o título ‘A esperanza de recuperar a España rural’, aborda esta problemática. Pola súa parte, Méndez fixo balance do encontro de alto nivel que converteu a nosa cidade no epicentro europeo do reto demográfico o pasado mes de setembro e explicou as iniciativas municipais postas en marcha polo seu Executivo para fixar poboación e dinamizar a economía local, como Lugo Transforma.

Durante o distendido encontro, Campo Vidal agasallou a Méndez cunha primeira edición dun  exemplar utilizado durante a redacción da nova edición do seu libro ‘As claves da información no asasinato do Presidente Carrero Blanco’, ao cumprirse 50 anos do atentado. Pola súa parte, a rexedora agradeceu a contribución única de Campo Vidal ao dereito a información ao longo dos últimos 50 anos e destacou o seu papel como comunicador, documentalista, investigador e sociólogo.