Skip to main content
Lugo

A Sociedade Micolóxica Lucus presenta un novo número da súa revista

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus celebrará o acto de presentación da Revista Micolucus nº 10 – 2023 da SMLucus este xoves, 28 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Deputación de Lugo.

“Desde a Sociedade Micolóxica Lucus e coa intención de consolidarse coma unha publicación anual de referencia no eido da micoloxía e a natureza, editamos este décimo número da nosa revista Micolucus, que este ano presenta o maior contido da historia da publicación”, din.

No acto oficial de presentación deste novo número da revista Micolucus,  a maioría dos autores presentarán publicamente o seu traballo para a revista, un traballo realizado en colaboración da Deputación de Lugo, Reserva da Biosfera Terras Do Miño, Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses

A entrada será libre e gratuíta e entregarase a todos os asistentes un exemplar da revista como agasallo.