Skip to main content
Lugo

A piscina de Frigsa acolle o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

Lugo acolle do 28 ao 30 de decembro o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación. A competición, que terá lugar na Piscina Municipal de Frigsa en sesións de mañá e tarde, está organizada polo Club Natación Portamiñá de Lugo.

Por mor da celebración do campionato, durante esas xornadas, 28, 29 e 30 de decembro, a piscina cuberta de Frigsa permanecerá pechada ás persoas usuarias e participantes nos cursos municipais de natación.

O servizo de Deportes lamenta as molestias ocasionadas e indica que, como contraprestación, a piscina das Pedreiras incrementará o seu horario unha hora cada xornada, abrindo ás 07.00 horas tanto o xoves como o venres.