Skip to main content
Lugo

O PP asegura que os orzamentos non atenden ás necesidades dos lucenses

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

O PP asegurou na sesión plenaria de este xoves que os orzamentos non atenden ás necesidades dos lucenses. Elena Candia afirmou que os orzamentos “carecen de estabilidade orzamentaria, incumpren a regra de gasto, e os investimentos que prometen só poderán realizarse se  materializan un crédito de 13,5 millóns de euros”. Ademais, botan en falta estudos de custes dos servizos e son “excesivamente optimistas, tal e como indica o informe de intervención inflando ingresos para que lles cadren as contas”.

Neste sentido, aseguran que “non están pensados nin para as persoas, nin nos seres vivos e cando din que son expansivos o único que medra é o crédito e a recadación en multas”. Os 121 millón de euros dos orzamentos dos que vai dispoñer o Goberno local é “unha cantidade importante e temos a responsabilidade de obrigalos a que os empreguen ben porque saen dos petos dos lucenses, e por iso presentamos nun tempo récord 10 emendas para melloralos”.

Porén, lamentan que rexeiten as achegas despachándoas cun “non é prioritario na pasada Comisión de contas e bloqueándonos, deste xeito, a posibilidade de debatelas en pleno”. A voceira popular  referiuse na súa intervención ao pouco tempo que tiveron para estudar os documentos dos orzamentos e dixo estar preocupada porque as contas que presentan “escapan da fiscalización dos propios servizos municipais”, tal e como se desprende do informe do  interventor no que indica que “tendo en conta o escaso período de tempo transcorrido limitáronse a unha verificación formal e a análises elementarias”.

A popular recriminou que socialistas e nacionalistas dilapidaran os remanentes de tesourería e que reserven partidas para determinadas cuestións mentres non hai recursos para outras necesidades que si reclama a cidadanía. Tamén indicou que están incumprindo todas as advertencias ao incrementar os gastos  para o reparto de parcelitas de cada partido “son uns orzamentos que obecen aos pactos ocultos entre socialistas e nacionalistas”.