Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso conseguiu que se aprobara unha moción para instar á Xunta a arranxar o patio do colexio

Por 2 Decembro, 2023Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Pleno celebrado este pasado xoves unha moción para que se inste á Xunta de Galicia a realizar o arranxo do patio de Ceip de Monterroso.

Na actualidade, no Ceip de Monterroso, a zona de patio é escasa en equipamento e zonas de lecer, sobre todo a adicada ás aulas de Educación Infantil.

“O patio esta curto de accesorios e de equipamento para os máis pequenos” explica o concelleiro nacionalista. A pobreza do patio é a raíz de outras problemáticas que se xeran entre o alumnado en canto a accesibilidade ou as necesidades propias da infancia, o que pode causar conflitos en todos os niveis nun tempo que se debe usar para a aprendizaxe no exterior ou o lecer.

“Debido a falla de mantemento no patio atopámonos con problemas de accesibilidade, problemas no areeiro e nas losetas de caucho, así como deficiencia na zona de cuberto e resgardo”afirma Brais Vázquez.

Por iso “dende o BNG de Monterroso levamos a pleno que se inste á Xunta de Galicia a financiar o proxecto para un novo patio que teña as necesidades para o deleite do alumnado, e que conte con equipamento preciso sobre todo para dotar a zona de Educación Infantil” concluíu o edil nacionalista

Ademais disto tamén se sacaron adiante emendas presentadas polo grupo municipal do BNG para mellorar o regulamento da Escola Infantil. En concreto o que se propuxo foi incluír a creación dun consello de centro para así permitir a participación das familias, algo imprescindible pois estamos a falar da educación das crianzas.

Como dende o BNG traballar sempre en positivo para mellorar a situación da veciñanza de Monterroso tamén levamos a pleno o aumento do horario da aula de estudo porque é unha aula que ten que estar ao servizo da rapazada que o poida precisar e para iso é preciso que este aberta en horario compatible con seu horario.