Skip to main content
Monterroso

A Escola de Música de Monterroso organiza un Concerto Solidario

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso e a Escola Municipal de Música organizan un Concerto Solidario para o vindeiro 22 de decembro.

Esta cita solidaria será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Monterroso e contará con artistas da Asociación Sociocultural Falcatrueiros, a Coral Ecos do Ulla, Club Goldance, Sergio Alba e a propia Escola de Música.

Así mesmo, lembran que se poderán entregar alimentos non perecedoiros.

Por outra banda, o sábado 23 ás 17.30 horas haberá un desfile para coñecer a Santa. Percorrerá diferentes rúas de Monterroso ata chegar ao Espazo Lorenzo Varela ás 17.30 horas.