Skip to main content
Monterroso

Entregados os diplomas aos usuarios do curso de informática de Monterroso

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

O equipo de Goberno do Concello de Monterroso vén de facerlles entrega dos diplomas de asistencia aos usuarios e usuarias que participaron nos dous últimos cursos de informática básica para adultos.

A actividade formou parte da campaña 2023 da Aula Cemit no marco do Plan de Reforma e Ampliación da Rede Cemit no que participaron preto de 150 persoas de Monterroso neste ano en diferentes formacións.