Skip to main content
Palas de Rei

O servizo de biblioteca e a aula de novas tecnoloxías de Palas de Rei estará no Centro Comarcal

Por 2 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei vén de informar que vai instalar o servizo de biblioteca e a aula de novas tecnoloxías na primeira e segundo andar do edificio do Centro Comarcal.

O Concello disporá de axudas do GDR-Miño Ulla; da Consellería de Cultura e cursará, nos vindeiros días, unha solicitude de axuda á Deputación Provincial de Lugo para cumprimentar o financiamento deste importante proxecto que complementará a oferta cultural do municipio.

Con esta actuación búscase complementar os servizos xa ofertados no edificio que dispón o Concello en colaboración co Ceip de Palas onde a comezos do ano se inaugurará outra biblioteca xunto coa ocioteca /ludoteca que presta servizo na zona escolar. A previsión e cuadriplicar o número de metros cadrados dispoñibles con respecto a anterior situación e ampliar a sala multimedia e as salas de lectura.