Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAQuiroga

O Concello de Quiroga e a Asociación AFAMON organizan un obradoiro de memoria para maiores de 50 anos

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para formalizar as inscricións para un novo obradoiro de memoria organizado entre o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga e a asociación AFAMON, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro a xuño.

O obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 50 anos que non presenten deterioro cognitivo significativo, co obxectivo de realizar actividades de fortalecemento da memoria e outras capacidades cognitivas que contribúan a previr situacións de dependencia e detectar precozmente o deterioro cognitivo nas persoas maiores.

A previsión é que o obradoiro comece o 11 de xaneiro, desenvolvéndose todos os xoves entre as 18.30 e as 20.00 horas ata o 27 de xuño. E as persoas interesadas en participar, que conta con 20 prazas e ten un custo de 10 euros para socios do Centro Social e 15 euros para non socios, pode realizarse nas instalacións do Centro Social ata o 29 de decembro.