Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

O Club Natación de Monforte acadou grandes resultados nas competicións desta fin de semana

O Club de Natación de Monforte participou no Campionato Provincial de Lugo, onde acadaron un gran éxito ao conseguir 6 ouros, 1 prata e 1 bronce das 10 probas nas que participamos. Ademais, nesta competición debutou o novo nadador Jose Moure.

Tamén, pola tarde a categoría Infantil do equipo formou parte da competición OPEN Promesas Mireia Belmonte, na que tamén tiveron grandes resultados, destacando o pase á final e o bronce de Andrea Gudín.

Por último, o domingo tivo lugar en Ourense a 2ª Xornada Liga Máster no que participaron na categoría Máster, á vez que en Monforte participaron os nadadores máis pequenos liga prebenxamín, alevín e benxamín.