Skip to main content
Bóveda

Cincuenta familias de Bóveda participan no programa de compostaxe doméstica

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

Cincuenta familias do Concello de Bóveda participan no programa de compostaxe doméstica municipal. A iniciativa, iniciada no 2022, contou con grande acollida entre a cidadanía tal e como desprenden os controis efectuados porta a porta por técnicos especialistas na materia

A maioría dos composteiros funcionan correctamente, o que contribúe en boa medida á redución de residuos orgánicos a depositar nos contedores convencionais, así como á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Trátase dunha proposta desenvolvida en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.