Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Mateo Fernández, do AC Taekwondo Sarria, consegue o ouro no último campionato do ano

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

Desde o AC Taekwondo Sarria informan de que Mateo Fernández, profesional deste deporte, vén de conseguir a medalla de ouro na súa categoría, na xuvenil masculina.

Así, o seu adestrador, o campión Álex Losada, ou máis coñecido como Álex Camba, di que “fixo un gran traballo esta fin de semana no Open Internacional de Ourense”.

Con este campionato, que foi o último deste 2023, Mateo consegue o primeiro posto, que “demostra o gran estado e a gran evolución que está tendo ultimamente”, defende o adestrador do AC Taekwondo Sarria, quen agora defende “o merecido descanso e a prepararse para Junior masculino, unha categoría de gran nivel”, concluíu.