Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Roberto Lolo protagonizará a Gran Gala de Maxia de Nadal en Sarria

Por 13 Decembro, 2023Decembro 14th, 2023Sin comentarios

Volve a maxia a Sarria da man do mago Roberto Lolo, despois de que organizara este verán o XVIII Festival Internacional de Maxia Vila Sarria, que congregou artistas de todo o mundo.

Neste caso, Roberto Lolo actuará de novo en Sarria o vindeiro día 27 de decembro no salón de actos da Casa da Cultura cun espectáculo de Nadal para todos os públicos que o propio artista define como “Gran Gala de Nadal, un evento máxico e divertido”.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo achegándose ao lugar a partir das 18.00 horas ata completar o aforo. Os máis pequenos das familias participantes obterán, ademais, agasallos, polo que será “unha festa inesquecible”, sostén Lolo.