Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Volve o mercado Quilate Especial Nadal esta fin de semana á rúa dos Anticuarios de Sarria

Por 13 Decembro, 2023Decembro 14th, 2023Sin comentarios

Sarria acolle esta fin de semana a segunda edición do mercado Quilate Especial Nadal nunha carpa na rúa do Porvir, rúa dos Anticuarios, e estará aberto de 11.00 a 18.00 horas en horario continuo.

Esta proposta conta co apoio da Vicepresidencia da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, xa que o vicepresidente e deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, presentou a cita xunto aos anticuarios sarriaos que o impulsan o encontro.

Castro destacou a importancia desta reunión, que contará cunha decena de postos aos que se suman os comercios da zona e que se alongará durante dúas xornadas, nas que haberá vinilos e obxectos curiosos e de coleccionismo, pero tamén postos de florería.

A área de Artesanía e Deseño levará ao mercado catro demostracións de artesanía, dúas cada xornada, coas que se promoverá a artesanía lucense e os oficios tradicionais. Así, as persoas visitantes poderán ver o traballo dun luthier, unha cesteira e un ferreiro.

Efrén Castro sinalou que “as demostracións de artesanía darán ao mercado unha dimensión tradicional e permitirá non deixar no esquecemento parte da nosa cultura” e amosou o seu respaldo á iniciativa dos anticuarios sarriaos que buscan consolidar unha edición especial do mercado nas datas de Nadal, tamén de cara aos vindeiros anos.

Por outra banda, a presidenta da Asociación de Anticuarios e Restauradores San Lázaro, organizadores do mercado, agradeceu o interese da Vicepresidencia por “favorecer a recuperación de oficios tradicionais e poñer en valor o traballo que levamos a cabo dende a entidade que, con encontros como este, nos permitiron recuperala”.