Skip to main content
Sarria

O libro ‘Descubrindo Ana Pontón’ será presentado este venres en Sarria coa presenza da candidata á presidencia da Xunta

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

Este venres día 22 de decembro terá lugar a presentación do libro ‘Descubrindo Ana Pontón’ de Suso de Toro, a partir das 19.30 horas na galería O Garaxe.

O evento estará dirixido e presentado polo poeta e escritor sarriao Luís López Alonso e contará coa presencia tanto do autor do libro Suso de Toro, escritor compostelao cunha extensa obra tanto de novela como de ensaio, como da sarriá Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e candidata a presidencia da Xunta de Galicia.

Dende o BNG de Sarria din que “é unha ocasión inmellorable para coñecer de preto a figura de Ana Pontón e como é vista a través dos ollos de Suso de Toro”. Así, animan a todo o mundo a asistir a este acto aberto a toda a veciñanza.