Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O Hockey Club As Pontes organiza un campus de Nadal en xaneiro

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

O Hockey Club As Pontes prepara un campus para estas datas de Nadal. A actividade está dirixida a todos os nenos e nenas aos que lles gusta patinar ou queren aprender e comezará a primeira semana de xaneiro.

A proposta organizarase concretamente os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poden participar cativos a partir de 4 anos.

Os interesados xa poden realizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do correo hockeyaspontes@gmail.com ou tamén a través do número 654 166 992.