Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol inviste máis de 240.000 euros en remodelar o pavillón

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Pol está a realizar unha importante renovación do pavillón municipal, ao que ten destinado un orzamento de case 200.00 euros. Nunha primeira fase realizou o cambio de cuberta, substituíndo as pranchas de fibrocemento por outras de panel sándwich, ás que se engadiron unhas placas solares que subministrarán a enerxía para poñer en marcha unha nova bomba de calor.

Esta obra realízase co investimento da Xunta de Galicia, que se fai cargo da maioría do investimento, agás os 59.000 euros que saen dos orzamentos municipais.

Esta obra tiña que realizarse pola obriga de cambiar o fibrocemento antes do 2028, polo que se fixo xa toda a remodelación nunha mesma obra.

Por outra banda, aproveitouse para ampliar as dimensións do pavillón por tres das súas caras, gañando cinco metros na cara norte e a oeste para ampliar 5 metros máis de marxe na pista. Deste modo, poderanse disputar partidos oficiais xa que esta contará coas dimensións obrigadas polas federacións de baloncesto e fútbol sala.

Para poder rematar a obra necesitan agora un investimento de 70.000 euros para poñer os peches e arranxar a pista. Para iso o Concello busca financiamento a través dun novo convenio coa Xunta ou coa Deputación. Esta segunda fase da obra permitirá tamén eliminar as columnas que había nas gradas e que entorpecían a vista das pistas nalgúns puntos.

Co aumento das dimensións do pavillón tamén remodelarán o alumeado, que haberá que reforzar para cubrir todo o espazo.
Cando estas actuacións conclúan, o poliderportivo municipal formará parte da área multideporte que promove o Concello de Pol desde fai anos e que inclúe novos campos de fútbol e unha zona para práctica de xogos tradicionais.