Skip to main content
Begonte

O Belén de Begonte recibiu máis de 6.000 visitantes nos primeiros seis días

Por 14 Decembro, 2023Sin comentarios

O Belén de Begonte, que abríu as súas portas o 2 de decembro, co pregón de Monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Compostela, recibiu arredor de 6.000 visitas nos primeiros seis días de funcionamento.

Ata o 24 de decembro, o Belén está aberto festivos e vísperas, de 11 a 13 horas e de 16 a 19, para desde Noiteboa ata Reis abrir todos os días.

Estes seis primeiros días de funcionamento tiveron unha asistencia diaria de entre 800 e 1.100 persoas, con afluencia especial os festivos nos que se rexistraron colas, especialmente polas tardes, desde a entrada do Belén ata a Praciña dos Irmáns Domínguez Guizán. Recibíronse, asimesmo, varias visitas de colectivos, sendo os máis recentes de Sarria, Vilalba e Valdoviño.