Skip to main content
Begonte

Begonte abre esta fin de semana o seu Mercado de Nadal con 45 expositores

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte contará esta fin de semana, 16 e 17 de decembro, co anunciado Mercado de Nadal, na súa terceira edición, que se celebrará o sábado e o domingo na praza Irmáns Souto Montenegro aumentando con respecto ao primeiro ano.

Xa está confirmada a participación de 45 expositores, case o dobre que o primeiro ano, que foron 25, e 5 máis que o pasado. Ofrecerán todo tipo de produtos, principalmente orientado a estas datas que nos ocupan pero tamén doutro tipo. Así poderá mercarse artesanía, agasallos, alimentación, produtos naturais, manualidades, cosméticos naturais, roupa e moitas outras cousas.

O mercado estará aberto entre as 12.00 e as 21.00 horas e este ano contará cunha food truck e haberá atraccións gratuítas para os pequenos durante todo o día. Tamén contarán con postos de polbo e churrasco para completar a oferta.

Con motivo da celebración do mercado, o acceso á praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ao tráfico ata o luns 20.