Skip to main content
Begonte

O belén de Begonte recibiu máis de 2.500 visitantes esta fin de semana

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

A pasada fin de semana, máis de 2.500 visitantes acudiron ao Belén de Begonte. Aínda que ata Noiteboa só se abre o Belén os festivos e vésperas, por diversas peticións recibidas abriuse tamén o pasado venres, día no que acudiron 200 persoas.

Segundo datos recollidos polos responsables do coidado do Belén e atención aos visitantes, estes foron máis de 800 o sábado 16, e máis de 1.400 o domingo 17, coincidindo estas últimas datas coa Feira do Nadal organizada polo concello de Begonte.

Acudiron, así mesmo, viaxes colectivos procedentes de Escairón, Santiago e Lugo, cun total de 164 asistentes.

A partir do próximo día 24, e ata o 6 de xaneiro, o Belén poderá ser visitado diariamente de 11 a 13 e de 16 a 19 horas, debendo comunicarse previamente as visitas colectivas ao teléfono 610 907 306.