Skip to main content
Begonte

O belén de Begonte renova a súa directiva

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

Na asemblea de socios, procedeuse á renovación da Xunta directiva do Centro cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén de Begonte.

A nova directiva está formada por un total de 15 persoas que van afrontar a impulsión de diversas iniciativas para que o belén siga medrando en visitas e actividades culturais e sociais, consiga a declaración de Interese Turístico Nacional, e se siga a potenciar a imaxe exterior do concello de Begonte como un lugar relevante do Nadal en Galicia, reafirmando a súa cualificación de Begonte do Belén.

Os compoñentes da nova directiva, que xa empezaron a traballar nos cometidos asignados están encabezados por Xulio Xiz Ramil, como presidente. Ademais, Luis Iglesias Carreira e Fernando Cabarcos Díaz son os dous vicepresidentes mentres que José Rodríguez Gómez ocupa o cargo de secretario.

No grupo de vocais están Sonia Varela García (representante do Concello), Sara Blanco Díaz, María Jesús Blanco Díaz e Lucía Goiriz Castro, responsables de temas culturais. Tamén estará Julio Iglesias Corbelle como responsable de temas económicos e Sonia Vilsauso Braña para organización e relación cos socios.

En deseño, imaxe e proxección están Marta Luisa Silvarrey Casanova e Alberto Díaz Díaz e sobre o Belén e o Museo responsabilízase a Carlos Torres, Jesús Veiga Sangiao e Ramiro Cruz Gómez.