Skip to main content

O CD Castro organiza para os veciños e socios, unha cea de Nadal que terá lugar no restaurante Ríoa Lea o sábado, 16 de decembro, ás 22.00 horas.

Para poder asistir haberá que reservar praza no 627 90 36 92.

Haberá dous menús a elexir, o de 20 euros será para os nenos, que terán que consistirá en empanada, croquetas, luras, mexillóns, milanesa, tortilla e chipiróns con sobremesa e refrescos. E o de 30 euros levará os mesmos primeiros platos pero a carne será xarrete de tenreira con patacas, ademais de café, chupito, Albariño e Mencía.

A sesión contará coa música de DJ Cosme e Eventec Disco Móvil.