Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol organiza un ano máis os seus obradoiros para as festas

Por 6 Decembro, 2023Decembro 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol organiza un ano máis os seus obradoiros de Nadal para os máis cativos. Nesta edición poderán participar nenos e nenas de Friol, desde os 4 ata os 14 anos. As actividades comezarán o vindeiro martes 26 e rematarán o mércores 4 de xaneiro.

Trátase dunha serie de propostas que Terán lugar en horario de mañá, dende as 10.00 ata as 14.00 horas. Levaranse a cabo nas instalacións que ten o Concello ao lado do centro escolar público, e que son as mesmas que acollen o servizo de madrugadores durante os días lectivos.

As prazas son limitadas, polo que para poder participar é necesario inscribirse nas oficinas do Concello antes do 19 de decembro. As prazas cubriranse por orde de chegada.