Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle o sábado un novo máster de caza sen morte

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, día 16 de decembro, a partir das 8 da mañá, dará comezo a proba do XVI Master CCBP que se celebra, por terceiro ano consecutivo, en Friol.

Esta é unha proba de cans de mostra sobre becada, que é considerada unha das máis importantes a nivel nacional.
Esta proba será a única que se celebre en Galicia, e serán os terreos dos Tecors Cova da Serpe I e II do Concello de Friol, unha edición mais, os elixidos para esta modalidade de caza sen morte, onde só se puntúa o bo facer dos cans que participan.

O Club Deportivo Jalizar, club de Friol que está integrado por amantes da natureza e dos animais, especialmente dos cans, é o que organiza, xunto co Concello de Friol e a Asociación de Cazadores de Friol Tecores de Caza Cova da Serpe I e II, esta proba do Master referido.

Con estas xuntanzas pretenden mostrar un enfoque diferente do aproveitamento cinexético dos nosos montes, acorde cos tempos actuais.

Integrantes do Club Deportivo Jalizar e o propio alcalde de Friol indican que “é unha honra para este Club e para este pobo, que entre todos os montes de Galicia escolleran o noso para celebralo”, dentro do Tecor Cova da Serpe, que colabora poñendo os terreos a disposición dos participantes.