Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol contará un bus de ida e volta a Melide na noite de Fin de Ano

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol porá un autobús na noite de Fin de Ano desde a localidade ata Melide de ida e volta.

Esta acción ten como obxectivo ter maior seguridade vial nesta noite de festa.

Así, o autobús sairá ás 2.00 horas e terá a volta ás 7.00. Recollerá aos veciños entre a gasolineira e o Club Fluvial facendo parada en todos os bares.

Os que desexen usar este servizo de bus deberán inscribirse antes do venres 29 no correo xuventude@concellodefriol.es ou nos teléfonos 660 106 885 ou 637 064 024.

O prezo será de 3 euros para empadroados e de 10 para non empadroados.